
O outro día, facían un chiste en
Se lo que hicisteis: "Se
Platón levantara cabeza e vira o uso que se está a facer da palabra "
Academia"..." Neste caso referíanse ó programa de televisión
Supermodelo 2007 pero ben se podería aplicar a outras Academias que teoricamente aspiran á excelencia nos seus ámbitos. Estoume a referir a A
cademia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, ou o que é o mesmo, a Academia do Cine español que acaba de decidir, "como novedade", que este ano, ós premios á mellores curtametraxes se van entregar na "gala de nominados" en lugar de na gala oficial que se emite por televisión cada ano.
Sumado a esto, a Academia levou a cabo outro tipo de mediadas, como alterar o prazo límite para a presentación de curtas, sen previo aviso, e rebaixar o tempo para que un traballo sexa considerado curtametraxe, dos 50 minutos marcados polo
ICAA a 20 minutos propostos pola Academia (por que sí).
En esencia, o problema atópase na Gala dos
premios Goya. A gala en cuestión é un tostón infumable que cada vez ten máis categorías, o que fai que sexa interminable, e que o índice de audiencia caia ano tras ano. Esto é normal, que lle queremos, é unha gala...
Ante este panorama, algunhas lumbreras da Academia, decidiron que para alixeirar a cousa ben se podía prescindir dos cortometraxistas porque, no fondo, non os coñece nin Dios, ninguén veu as curtas, e cando recollen o premio dedicanllo á súa nai, a súa avoa, e a súa moza. É dicir, non son tan "guais" coma nós. Non teñen glamour. Ademáis, se se eliminan 3 categorías, hai máis tempo para que os directivos da Academia poidan soltar os seus discursos, que eso é o que lle interesa á xente de verdade e é o que fai a gala máis axil.
A utopía, sería que a propia Academia reibindicase o traballo das curtas, especialmente cando algunhas delas teñen bastante máis percorrido internacional que a inmensa malloría das longas que se fan en España. O resultado dalgunhas curtas debería se motivo de orgullo para a Academia en lugar de relegalas a un gueto.
Realmente, o menos importante desde asunto é o feito de que os premios de curtas saian da gala, senón o trato de desprezo que se lle dá a uns profesionais que probablemente invertiron moito máis tempo e esforzo nos seus traballos que outros que lucirán sorriso co cabezón entre as máns e que tampouco dirán nada máis interesante que un: "Gracias mamá".
A actuación da Academia abriu a caixa de tronos, e desde que se fixo pública a noticia, estanse a recoller
firmas en internet en contra da medida. Sen embargo, desde a Academia non se comenta nada ó respecto e óbviase o tema cando xa van recollidas case 3000 firmas e a cifra segue a subir. Tampouco os xornais, nin os informativos fixeron referencia algunha a este tema (salvo algunha excepción) dando a entender que loxicamente están da parte dos "guais".
En fin, eu como galego minifundista, sería partidario dunha excisión da Academia, e de formar unha Academia da Curtametraxe. Total, se hai chiringuitos para todo, pois ter un propio para tratarnos, polo menos, con respeto.
O caso é que se está a vivir de costas á realidade en relación ó mundo da curtametraxe. Non pode ser que productos que percorren cada ano 20, 30 ou 50 festivais de todo o mundo non sexan publicamente recompensados. Non pode ser que os premios que otorga a Academia de Cine de España sexan tan aleatorios con respecto ás curtametraxes: non se ven os productos, premiase por amiguismo, e o resultado final é que curtas que percorreron medio planeta non chegan nin a ser nominadas, e algunhas que se lle "escapan" ós académicos rematan cunha nominación ós Oscar. Non pode ser que existan productos que, como xa ten pasado, 50 xurados de todo o mundo consideren merecedores dun premio e que sen embargo os académicos españois nin se enteren destas cousas. Todo eso, sí que é para estar indignado, e si que deixa ver a Academia que temos, sobre todo cando vemos que todos se dan palmadiñas nas costas por productos que moitos espectadores consideramos auténticos bodrios.
Falando do termo "Academia" resulta triste que a relevancia das cousas se reduza ó capital invertido nelas.
Esto non é unha "Academia das Artes".